jueves, 24 de abril de 2014

PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE DO PLAN OFIMÁTICO DE GALICIA

 NOVO PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE DO PLAN OFIMÁTICO DE GALICIA

 A Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para completar o número de solicitudes presentadas nas probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que terán lugar do 16 ao 19 de xuño e que foron convocadas no DOG do 27 de febreiro.


Co fin de cubrir as prazas vacantes a EGAP abre un prazo de presentación de solicitudes na súa zona de matrícula (http://egap.xunta.es/matricula) desde as 8 horas do 24 de abril ata as 14 horas do 30 de abril.
Lembrámosvos que, aínda que se abra un novo prazo de matrícula, non é posible solicitar máis dunha edición por curso.
 Máis información en http://egap.xunta.es/fichanova/id/1876
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario