jueves, 24 de abril de 2014

Axudas para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

No DOG de hoxe día 23-04-2014 publicouse a seguinte resolución: 

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola 
que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 
da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral 
contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, 
galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se 
procede á súa convocatoria para o ano 2014.


A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, establece, no seu artigo 27, o dereito a unha axuda económica para aquelas mulleres vítimas de violencia de xénero que se sitúen nun determinado nivel de rendas e sobre as que se presuma que pola súa idade, falta de preparación xeral ou especializada e circunstancias sociais, teñen especiais dificultades para obter un emprego. Trátase dun dereito subxectivo, mediante o que se pretende facilitar a súa integración social.

Obxecto, réxime e finalidade

1. O obxecto desta resolución é establecer as bases, que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión das axudas previstas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2014.
2. A finalidade das axudas establecidas na antedita lei orgánica é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

Artigo 2. Lugar e prazo de presentación das solicitudes
1. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo normalizado do anexo I desta resolución. Xunto coa solicitude deberase presentar a documentación sinalada no artigo 4 das bases reguladoras desta axuda.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

​Tedes máis información no enlace do DOG do día 23-04-2014 


No hay comentarios:

Publicar un comentario