jueves, 7 de enero de 2016

CONCESIÓN DA AXUDA ECONÓMICA (A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA) PARA AS FAMILIAS CON FILLAS E FILLOS NADOS NO ANO 2016

CONCESIÓN DA AXUDA ECONÓMICA (A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA) PARA AS FAMILIAS CON FILLAS E FILLOS NADOS NO ANO 2016

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas cales se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un fillo/a ou adopten un neno ou nena menor dun ano.
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas
residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.
Requisitos:
Será requisito necesario para a concesión desta axuda:
a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderanse requirir para que presenten a documentación complementaria que o demostre.
b) Que a renda da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, da declaración do IRPF do ano 2014 non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida entre o número de membros da unidade familiar, non deberá superar os 13.500 €.
Nos casos en que non se teña realizado a declaración do IRPF do ano 2014, os ingresos serán os que resulten dos datos que consten en poder da AEAT, de conformidade co disposto no artigo 8.1 desta orde, aos cales se lles restarán os gastos deducibles.
Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Ás solicitudes (anexo I) xuntarase a seguinte documentación:

a) Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, as certificacións correspondentes expedidas polo Rexistro Civil.

b) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción, só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando se trate de adopcións non formalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar. 

d) Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante, de ser o caso. 

e) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

f) Copia do DNI ou NIE da persoa proxenitora que non apareza como solicitante das axudas, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

g) Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa solicitante e da proxenitora que non apareza como solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Na solicitude (anexo I) deberá figurar, con carácter obrigatorio, un teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta benvida. A activación será efectiva unicamente desde o número de móbil que se faga constar na solicitude.
No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, a persoa solicitante deberá presentar unha copia dixitalizada dos documentos necesarios indicados nos puntos anteriores.

Prazo de presentación Aberto todo o ano.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento.
Prazo de resolución : 3 MESES
Sentido do silencio administrativo : NEGATIVO
PARA MAIS INFORMACIÓN 
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA SOCIAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA E MENORES
SERVIZO DE FAMILIA E PROGRAMAS ESPECIAIS 
Edificio Administrativo de San Caetano.Edificio a Pirámide 
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544650 Fax: 981544634


No hay comentarios:

Publicar un comentario