Axuda económica para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia.
A ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de
concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a
través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria
para o ano 2016 (código de procedemento IN414A). (DOG nº 248 do 30 de decembro
de 2015)
As subvencións reguladas por estas bases teñen por
obxecto subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con
menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non
superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19/ano).
Os gastos subvencionables serán as facturas de
electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea comprendido entre o
1 de xullo 2015 e o 30 de xuño de 2016. No caso de que unha factura abranga un
período que saia parte do período subvencionable, considerarase subvencionable
o custo prorrateado dos días incluídos no mesmo
Beneficiarios:
Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na
Comunidade Autónoma de Galicia que convivan con menores de 18 anos ou
discapacitados e teñan un gasto derivado do subministro de enerxía eléctrica na
súa vivenda habitual
Requisitos:
1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou discapacitados con un grado de discapacidade igual ou maior ao 33 %.
3. Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica.
4. Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 /ano). A estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2014 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do imposto sobre a renda no 2014, para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2014.

5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a
condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do
xuño, de subvencións.
6. Só poderá presentarse unha única solicitude por
unidade de convivencia.
Presentación :
Prazo de presentación: 15/01/2016 – 31/07/2016.
Soamente poderán presentarse as solicitudes de forma
electrónica . Formulario Aqui
No caso de non ter capacidade técnica ou
económica, a súa identificación ou autenticación poderá ser validamente
realizada por un empregado público. Para estes efectos, o solicitante
poderá dirixirse a calquera das 4 oficinas territoriales de la
Consellería de Economía e Industria, así como la Dirección Xeral de
Enerxía e Minas para a tramitación da solicitude.
Ver toda a información ao respecto AQUI
No hay comentarios:
Publicar un comentario