Beneficiarios:
Poderán participar nesta convocatoria as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
- Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta axuda económica.
- Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.
- Non atoparse incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Titulación académica:
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galega.
- Licenciatura en Filoloxía Hispánica, Subsección de Galego-Portugués.
- Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Estudos de Galego e Español.
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
- Grao en Lingua e Literatura Españolas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en Lingua e Literatura Galegas ou Maior Plus en Introdución á Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Lingua e Literatura Modernas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en Lingua e Literatura Galegas ou Maior Plus/modalidade mixta en Introdución á Lingua e Literatura Galegas.
Poderá solicitar as prazas localizadas en Alemaña, Reino Unido e Polonia quen estea en posesión das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
- Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
Tamén poderán participar os bolseiros lectores ou lectoras que, antes de rematar o período máximo do seu programa de formación, se visen obrigados a cesar na súa condición por causas alleas á súa vontade, sempre que esta circunstancia non derive da resolución dun procedemento de revogación da adxudicacion por causa imputable ao beneficiario.
Prazo de presentación de solicitudes : 14/06/2013 - 13/07/2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario