martes, 1 de septiembre de 2015

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA OU EDUCACIÓN ESPECIAL EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ESCOLAR 2015/16.


Publicado no DOG de hoxe 01/09/1969 a ORDE  do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
 Requisitos
1.   Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos: a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16. b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
1. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.
2.   As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes e documentación
1.       Os formularios de solicitude poderán obterse na guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato PDF do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es

A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:
a) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen
a consulta telemática.
b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade
familiar.
Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro
de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste
a custodia do causante.
2º. Certificado ou volante de convivencia Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.
 d) No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún membro da unidade familiar, incluído/a o/a alumno/a, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013:
1º. Certificado emitido polo órgano competente.
2º. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
e) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

3. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
4. O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.
5. Os centros docentes prestarán asesoramento ás persoas interesadas para que cubran as solicitudes de xeito correcto en todas as súas epígrafes e acheguen a documentación requirida por esta orde.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Hoxe publicáronse as seguintes convocatorias de axudas, bolsas e subvencións baixo o seu perfil de subscrición: 




No hay comentarios:

Publicar un comentario