CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria
de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados
de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Esta resolución ten por obxecto anunciar a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos
preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 2,
3 e 4.
Destinatarios/as dos cursos
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados
por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os cumpran
no ano natural da convocatoria.
Solicitudes e prazo
As solicitudes, segundo o modelo do anexo I, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda.
Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede
electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web
http://www.xunta.es/linguagalega, que permite cubrir e editar a solicitude.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, que se contará a
partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o
último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN PREME NOS SEGUINTES ENLACES
DOG 21 de agosto de 2015
PAXINA WEB DA XUNTA
PAXINA DE POLITICA LINGUISTICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario