miércoles, 18 de marzo de 2015

Información pleno ordinario Comité Intercentros Persoal Laboral da Xunta de Galicia e información da Comisión de Persoal da Xunta de Galicia.

Remitimos no arquivo anexo a información relativa ao pleno ordinario do Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia celebrado o 17 de marzo de 2015.

  Do mesmo xeito comunicámosvos tamén o acontecido no día de onte (17-03-2015) na Comisión de Persoal da Xunta de Galicia respecto dos seguintes asuntos:

       Rpt de Vicepresidencia: Apróbase co voto en contra da CSIF, UXT, CCOO e CIG.

       Rpt da AXI: Apróbase co voto en contra da CSIF, UXT, CCOO e CIG.
       Rpt de Amtega: Apróbase co voto en contra da CSIF, UXT, CCOO e CIG.
          Rogos e preguntas:
  •  Respecto dos Legoeiros, afirma o representante da Consellería que están recadando información para pronunciarse respecto deste asunto.
  • Con respecto á retirada da RPT do Instituto  Galego de Consumo afirman que foi solicitada pola propia secretaría xeral para proceder a perfilar algún apartado pero que pronto a volverán a remitila.
  • No que atinxe á posibilidade da retirada das prazas de biólogos do concurso de administración xeral aínda está en fase de estudo e valoración a sentenza que afecta a ditos postos, segundo informa o director xeral.
  •  Está previsto que para o mes de abril se poida negociar e aprobar, se fose o caso, a RPT de Turismo.
 Preme neste enlace para ver a nota informativa.
    

No hay comentarios:

Publicar un comentario