jueves, 19 de marzo de 2015

Actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia da EGAP

O DOG do día de hoxe 19 Marzo do 2015 a ​ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP) publica a resolución do 10 de marzo de 2015 pola que se convocan actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
 O programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2015 polo Consello Reitor, de
conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócanse as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se detallan nos anexos desta resolución. As actividades formativas de lingua inglesa e lingua alemá que aparecen reflectidas no plan de formación continua serán obxecto de convocatoria independente.

Requisitos dos participantes 
Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución: 

1. Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia. 

2. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria en que queden prazas vacantes. Toda persoa solicitante que ao inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Tedes máis informacion no DOG de hoxe 
DOG 19-03-2015

Matrícula: en http://egap.xunta.es/matricula desde as 8 horas do 20 de marzo ata as 14 horas do 29 de marzo
Solicitudes: un máximo de tres por persoa
Máis información en http://egap.xunta.es/fichanova/id/2026 




No hay comentarios:

Publicar un comentario