miércoles, 12 de noviembre de 2014

Información da Xuntanza do Comité Intercentros do Persoal Laboral coa Administración e cos grupos parlamentarios.

R​emitimos no arquivo anexo un resume informativo das reunións que mantivo no día de onte (11-11-2014) o Comité Intercentros:

1.       Reunión do Comité Intercentros coa Administración respecto do  proxecto de orde  pola que se ditan normas relativas ao recoñecemento do complemento salarial de antigüidade ao persoal laboral temporal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.      Reunión do Comité Intercentros cos diferentes grupos políticos do Parlamento de Galicia para expoñer a situación precaria dos traballadores/as e solicitar reformas e melloras en diversas materias:

Polo grupo parlamentario do BNG  recibiunos a parlamentaria Tereixa Paz.

Polo grupo parlamentario do PSOE recíbiunos a parlamentaria Beatriz Sestayo.

Polo grupo parlamentario de AGE recíbiunos Juan Fajardo;

Polo grupo parlamentario do PP recibíronnos os parlamentarios Jacobo Moreira e Paula Prado.
​Preme no enlace para ver a información.





No hay comentarios:

Publicar un comentario