miércoles, 12 de noviembre de 2014

Alegacións e consideracións da CSIF á proposta de Protocolo sobre o acoso laboral na Xunta de Galicia.


Remitimos no arquivo anexo o documento de alegacións e propostas presentadas pola CSI•F á proposta de protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo.
Dende CSI•F, entre outras, fixemos as seguintes consideracións (a modo de resume):

  CSI•F solicitou que de igual forma que se está propoñendo un protocolo sobre o acoso laboral (froito dos conflitos entre os propios traballadores de carácter horizontal e/ou vertical) se proceda á elaboración dun protocolo de actuación para os casos de agresións a empregados públicos no exercicio das súas funcións, tal e como esta organización xa ten presentado ante a  AXE e que  se está a desenvolver (recollendo procedementos específicos de auxilio e atención ao empregado público, investigación da agresión, atención sanitaria, asesoramento e cobertura xurídica, entre outros).


  CSI•F entende que este protocolo non pode regular a fase de instrución dun procedemento disciplinario á marxe das normas regulamentarias ou convencionais que lle son de aplicación ao persoal  funcionario ou laboral, pois tal protocolo supón unha extra limitación xunto cunha indefensión e inseguridade xurídica aos empregados públicos ao establecer procedementos disciplinarios distintos ante a imposición de faltas da mesma gradación e/ou intensidade (graves ou moi graves) . Asemade, entendemos que vai en contra do principio de simplicidade e eficiencia administrativa (regular un procedemento de instrución distinto para cada unha das faltas tipificadas que existen) . En consecuencia e polos motivos expresados, CSI•F solicita a retirada de todo contido que faga referencia ao desenvolvemento dun procedemento disciplinario -incluída a fase de instrución- á marxe da normativa que lle sexa de aplicación aos empregados públicos en función do seu réxime xurídico de aplicación.



  CSI•F solicita que o referido protocolo non se deseñe como un documento teórico senón como unha ferramenta de aplicación real e práctica que permita recoller dunha forma sinxela, resumida, gráfica e clara os distintos pasos e procesos necesarios para a prevención, a detección, a protección, o seguimento e a comunicación das situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo. Neste senso presentamos (a modo de exemplo) unha proposta estruturada por fases.


Preme no seguinte enlace para ver a nota informativa








No hay comentarios:

Publicar un comentario