martes, 28 de octubre de 2014

PUBLICADO NO DOG DE HOXE DÍA 28/10/2014

Listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia iníciase anualmente o 15 de marzo e remata o 30 de xullo.

Unha vez finalizado o dito prazo foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polos interesados.
Concluídos os anteriores traballos, na sesión que tivo lugar o 21 de outubro do presente ano a Comisión Permanente Central constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006,
do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo) acordou elevar ao órgano convocante as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de

Galicia.
Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública,
Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto os solicitantes provisionalmente admitidos como os provisionalmente excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo15.2. do Decreto 37/2006.
O modelo de solicitude encóntrase á disposición dos interesados na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública-Listas de contratación temporal.


DOG de hoxe 28-10-2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario