martes, 28 de octubre de 2014

Convenio entre Xunta e Ministerio de Fomento para aplicar en Galicia o plan estatal de alugueiro e rehabilitación

O DOG publica hoxe o convenio entre Xunta e Ministerio de Fomento para aplicar en Galicia o plan estatal de alugueiro e rehabilitación

As axudas poderán solicitarse unha vez que se anuncien as correspondentes ordes de convocatoria
Santiago, 28 de outubro de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se dá publicidade ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento para a aplicación en Galicia do Plan Estatal de Fomento e Alugueiro de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas, que achegará a Galicia axudas por importe de máis de 39,7 millóns de euros.
Este acordo regula o financiamento estatal e autonómico do Plan e as liñas de axudas que contén o mesmo e que serán de aplicación en Galicia. As axudas poderán solicitarse unha vez se publiquen no Dog as correspondentes ordes de convocatoria. O plan prevé axudas para o alugueiro e rehabilitación de vivendas, que son as seguintes: no eido do alugueiro contémplanse dous programas, un de axuda ao alugueiro de vivenda e outro de fomento do parque público de vivenda para alugar.
Na rehabilitación son tres os programas de fomento que se plantexan: o da rehabilitación edificatoria; o da rexeneración e renovación urbanas; e o das cidades sustentables e competitivas. Tamén haberá outras liñas como o plan de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios
Alugueiro de vivenda
Este programa ten como obxecto facilitar o acceso e a permanencia nunha vivenda en réxime de aluguer a sectores da poboación con escasos medios económicos.

As bases reguladoras que publique o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) establecerán os ingresos máximos dos beneficiarios, debendo construír a vivenda arredada a súa residencia habitual e permanente.
A renda da vivenda non poderá superar os 600 euros mensuais e as axudas serán do 40% da renda anual co límite máximo: 2.400€ anuais por vivenda. O prazo máximo será de 12 meses prorrogables. En todo caso, a data límite para percibir a axuda será ata o 31 de decembro de 2016.
Con este plan crease un parque público de vivenda de aluguer que ten como obxecto o fomento da creación dun parque público de vivenda protexida para o aluguer sobre solos ou edificios de titularidade pública. Os titulares de ditos inmobles serán administracións e organismos públicos, empresas públicas e sociedades mercantís maioritariamente participadas polas administracións.
A selección dos adxudicatarios rexerase polos criterios de adxudicación de vivendas de promoción pública.
No campo da rehabilitación edificatoria, destinaranse axudas para a rehabilitación de edificios maioritariamente residenciais, nos que, polo menos o 20 % das vivendas constitúan domicilio habitual e permanente dos seus propietarios ou arrendatarios.
O programa de rexeneración e renovación urbanas acollerá as actuacións do programa de Áreas de Rehabilitación Integral que xa existen en Galicia.
O plan tamén traballa no campo de cidades sustentables e competitivas que ten por obxecto financiar a execución de proxectos de especial transcendencia, como a mellora de barrios, centros históricos, renovación de áreas funcionalmente obsoletas e de áreas para a substitución de infravivenda, ecobarrios e zonas turísticas.
Apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios
Este programa ten por obxecto impulsar a implantación e xeneralización dun Informe de avaliación dos edificios que inclúa análises das condicións de accesibilidade, eficiencia enerxética e estado de conservación dos edificios mediante unha subvención que inclúa os gastos de honorarios profesionais para a súa emisión.
No plan contéemplase as condicións para ser beneficiarios, a xestión e contía das axudas e as condicións para o outorgamento das subvencións.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario