martes, 25 de septiembre de 2012

NOTA INFORMATIVA RPT TRABALLO E BENESTAR

XUNTANZA DA SECRETARÍA XERAL DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR COAS ORGANIZACIÓNS SINDICÁIS

PROPOSTA  DE MODIFICACIÓN DA RELACIÓN  DE POSTOS DE TRABALLO DAS ÁREAS DE TRABALLO E BENESTAR



Asuntos e propostas da CSIF tratados na xuntanza:

 

Na Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, Benestar propón a creación de tres postos de traballo de Inspectores/as, abertos aos funcionarios do Corpo xeral e os grupos A1-A2-C1.

 

A CSI-F considera que a creación destes postos nos Servizos Centrais vai en detrimento de postos básicos de atención directa nos centros residencias e que cada a vense is axustados e en detrimento dos servizos sociais públicos, a favor da xestión privada nestes centros.

 

Dende CSIF pacenos ben a creación de prazas para a posta en marcha do Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas con discapacidade física  dependente en  Salgueiros (Santiago de  Compostela) con  is  de

12.000  M2  destinados  a  realizar  actuaciónpara  promover  a  autonomía persoal e  de  apoio  necesario nas  situacións de  dependencia, servizos de

rehabilitación  e  mantemento  físico  e  social  (centro  de  a).  O  que  non

entendemos é que cada vez está máis mermada a carteira de servizos derivados da lei de dependencia como na anterior proposta que nos remitiu a consellería, donde pretenden amortizar postos dos equipos de valoración en Ferrol e en Pontevedra, (A consellería contestounos que se van crear en Cora e en Vigo) e dende  esta central entendemos que debemos manter os servizos básicos dependentes da consellería atendidos.

 

No Centro Sociocomunitario de A Pobra do Caramal e no Centro Sociocomunitario de Vigo, na proposta de modificación da nova RPT os postos de limpador/a G-V Cat. 11 aparecen como a media xornada e xornada partida.


 

 

Esta Central insistiulle a Secretaría Xeral de que mantivesen a xornada completa xa que non é operativo o desempeño do posto como se reflexa na proposta. A Secretaría da Consellería comprometese a deixar como estaban esas prazas ante a insistencia desta Central.

 

Noutra orde de preguntas, con respecto aos descansos de domingos e festivos, infórmanos de que teñen previsto pagalos, e xa se enviou os pagos a Función Pública e a Orzamentos e así abrir unha negociación antes de fin de ano.

 

En canto as carteleiras despois das noites aparecen descansos semanais, e nos contestan que no tocante as carteleiras modificaranse sempre que haxa unha resolución xudicial.

 

Esta Central pediu que se recoñezan os pluses a todo o persoal que en igualdade de condicións con outros traballadores aínda non os teñen recoñecidos. Especificamente que coa nova organización das as Residencias de Maiores, a Asistida e a do Meixoeiro de Vigo que solicitamos que os traballadores teñan os mesmos pluses e que non se lle permita a mobilidade forzosa entre estes dous centros.

 

Insistimos no absurdo de non modificar a denominación da categoría Asistente Social (desaparecida fai 25 anos) pola que se substitúe dende o mesmo tempo vixente na actualidade Traballador/a Social.

 

Finalmente, a CSIF pide que se acompañe a esta memoria funcional unha memoria económica antes de que se envíe esta proposta para negociar na Mesa Xeral de Empregados blicos.

 

 

 

 

 

 

 

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012


No hay comentarios:

Publicar un comentario