lunes, 11 de abril de 2016

Devolución 49% Paga Extra 2012‏

No DOG do 04 deabril do 2016 publicouse o  ANUNCIO do 28 de marzo de 2016 polo que se lle dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, pola
que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.    

A dita recuperación realizarase en dúas partes:

 No mes de abril aboarase o 25,14 %, que se corresponde coa parte proporcional correspondente a 46 días da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012. Naqueles casos nos que non procedese o recoñecemento da totalidade da paga extraordinaria e adicional, os referidos 46 días reduciranse proporcionalmente ao cómputo de días que correspondesen.

No mes de setembro aboarase a parte restante da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012 non recuperadas nos pagamentos anteriores.

Os importes correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficio pola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións no mes de abril e setembro de 2016, respectivamente, e os correspondentes aos empregados públicos que non se encontren en activo con anterioridade ao primeiro día dos mencionados meses de abril e setembro de 2016 serán aboadas polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude expresa presentada para cada un dos dous aboamentos ante ese órgano no modelo que se xunta como anexo a este anuncio



No hay comentarios:

Publicar un comentario