Publicada no DOG de hoxe dia 01/03/2016 RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016 pola que se convocan as actividades
de formación para o persoal que presta servizos nas entidades públicas
instrumentais do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas
autonómicas.
Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2016 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse actividades de formación para o persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na liña a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas.
Os cursos de Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa,
do programa de autoformación e os restantes que se correspondan co segundo semestre
do ano que aparecen reflectidos no plan de formación continua serán obxecto de convocatoria
independente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario