Resolución do 18 de
febreiro de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas
nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para
o curso 2016/17 (DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2016).
A presente resolución ten
por obxecto regular o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas
infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso
2016/17.
As prazas adxudicaranse pola seguinte orde:
1º. Os fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai, o pai, o acolledor ou acolledora e a titora ou o titor legal.
2º. As nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o que solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.
3º. Menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.
4º. Ao resto das persoas solicitantes adxudicaránselles as prazas que queden vacantes segundo a puntuación obtida por aplicación do baremo que figura no anexo V. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas para calquera das dúas opcións solicitadas
Beneficiarios:
Nenos e nenas desde tres
meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con
anterioridade ao 31 de decembro de 2016.
Requisitos:
a) Que o neno ou a nena
teña a súa residencia en Galicia e xa nacese no momento de presentación da
solicitude.
b) Idade do neno ou da nena:
- Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso.
- Non ter feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2016.
Non obstante, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo.
Para a presentación da solicitude de novo ingreso será requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas de cursos anteriores, no caso daquelas familias que xa escolarizasen a outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede.

No hay comentarios:
Publicar un comentario