Premendo no seguinte enlace podedes ver a nota informativa correspondente á
Comisión de Persoal celebrada no día de onte (24-02-2016) no que ademais dos
asuntos da orde do día, facilitouse a seguinte información:
· Oposicións
aos Corpos Xerais da Xunta de Galicia: Respecto dos exames de promoción
interna e acceso libre, sinálase polo DXFP que comezarase pola promoción
interna, prevéndose que o primeiro exercicio será no mes de maio.
Posteriormente, no mes de xuño, tería lugar a realización dos primeiros
exercicios de acceso libre.
· Temarios
das oposicións: Na vindeira semana daranse prazos concretos de cando
estarán finalizados os temarios de veterinarios, demais corpos especiais, así
como os da administración xeral, que está a elaborar Función Pública (a este
respecto precisar que hai temarios que elabora a EGAP e outros que elabora
Función Pública).
· En
relación có concurso xeral de traslado de funcionarios sinálase
polo DXFP que, aínda que existen problemas informáticos que afectan á baremación,
entenden que non debería causar demoras.
· Respecto
da Paga Adicional do ano 2013, dende Función Pública
sinálase que non teñen coñecemento de que se vaia a aboar de oficio.
· Adaptación
de Estatutos de determinados entes instrumentais á Lofaxga: Os
seguintes entes instrumentais están en fase de adaptación dos seus estatutos á
LOFAXGA: Instituto Galego de Estatística, Instituto Galego de Consumo e AGADER.
· Nas
vindeiras reunións continuarase coas negociacións das Instrucións de
funcionamento Tribunais de Selección e do Decreto de Listas. O
compromiso da DXFP, a instancias da CSI•F, é que para os vindeiros procesos
selectivos serán xa de aplicación as novas instrucións de tribunais que, a
expensas de rematar as negociacións, consideramos máis garantistas para os
opositores e que limitarían en grande medida as posibilidades de actuación
arbitraria con que veñen actuando determinados tribunais.
· A
pregunta da CSI•F sobre a reanudación da RPT de AGADIC, o
DXFP informa que en breves datas continuaranse coas negociacións, tendo a
previsión de que no prazo dun mes aproximadamente estea xa aprobada a nova RPT
e publicada no DOG.
· Dende
CSI·F pediuse que na orde do día da seguinte Mesa Xeral de Negociación de
Empregados Públicos se incluirá o o informe por parte da DXRRHH do SERGAS sobre
o estado da modificación global da RPT da Consellería de Sanidade e,
en concreto, respecto do compromiso de incremento do complemento específico dos
FIS. Todo elo debido a que representante do SERGAS na Mesa Xeral non
dispoñía de información ao respecto.
· Tamén
solicitouse dende CSI·F que na seguinte Mesa Xeral de Negociación de Empregados
Públicos se incluíra un punto na orde do día para que o Director Xeral de
Función Pública informase sobre o calendario para a adaptación á
Lofaxga da totalidade dos entes instrumentais do sector público. A este
respecto, dende a CSI•F denunciamos o incumprimento do goberno do disposto na
Lofaxga e que tal incumprimento impide que os traballadores dos entes
instrumentais que están aínda sen adaptar á Lofaxga se poidan beneficiar das
Instrucións de Permisos, Licenzas e Vacacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario