jueves, 28 de enero de 2016

PROGRAMA DE PRESTACIÓN POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.

Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016 (DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2016).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar polas fillas ou fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2016.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.


  • A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I desta orde e que estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo: http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos

  • As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
    • a) Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou certificación de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
    • b) Xustificante de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. No suposto de que a/o cónxuxe ou parella da persoa solicitante non figure neste, deberá achegar o seu xustificante de empadroamento individual, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • c) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, de ser o caso.
    • d) No suposto de familias monoparentais, a documentación anterior poderá substituírse pola copia do certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, sempre que conste nel a filla ou fillo polo que se solicita a axuda, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • e) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, de ser o caso (só no suposto de que a formalización se realizase noutra comunidade autónoma).
    • f) Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse achegando a documentación que figura nas letras c) ou d).
    • g) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
    • h) Copia do DNI ou NIE da persoa cónxuxe ou parella que non apareza como solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
    • i) Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
    • j) Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 do cónxuxe ou parella da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
    https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes, será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

MODELO DE SOLICITUDE
PARA MÁIS INFORMACIÓN PREME AQUI 

No hay comentarios:

Publicar un comentario