viernes, 11 de diciembre de 2015

PUBLICADA AS LISTAS DEFINITIVAS DO DECRETO DE LISTAS DE CONTRATACIÓN 37/2006

 Publicada no DOG de hoxe 11/12/2015 a RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.


Por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 1 de outubro de 2015 (DOG núm. 194, do 9 de outubro) fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo).

Con data 22 de outubro de 2015 rematou o prazo para presentar reclamacións establecido no punto terceiro da dita resolución.

Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, na sesión que tivo lugar o 23 de novembro do presente ano, a Comisión Permante Central constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006 acordou elevar ao órgano convocante as listas definitivas de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
Segundo. As listas de solicitantes admitidos poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal) na epígrafe Función Pública.
Nas ditas listas figura a seguinte información:
– Solicitantes admitidos nas listas con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegarán, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.
Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario