viernes, 4 de diciembre de 2015

NOTA INFORMATIVA DA XUNTANZA DOS DELEGADOS DE CSIF CO NOVO XERENTE DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR


XUNTANZA DOS DELEGADOS DE CSIF CO NOVO XERENTE DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

O pasado venres 27 de novembro tivo lugar unha xuntanza dos delegados da CSI•F co novo xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez Muíños, na que se trataron, entre outros os seguintes asuntos:

ENTRADA NA AXENCIA:

Dende a CSI•F amosamos  a nosa preocupación  polo bloqueo das negociacións de cara a firma dos novos convenios cos concellos.
O desbloqueo desta situación é de vital importancia de cara á Axencia Galega de Servizos Sociais e para a aplicación do V Convenio da Xunta de Galicia.
Amosamos a nosa preocupación polo persoal daqueles concellos que non firmen o conseguinte convenio así como do persoal de Servizos Centrais.

NON COBERTURA DE PERMISOS, IT,S, ETC..:
Denunciamos a falla de cobertura destas situacións, que está a provocar importantes prexuízos aos traballadores e ao servizo prestado nos distintos centros de traballo (de cara a este mes de decembro a situación pode ser límite nalgunhas escolas infantís) o que repercutirá negativamente na calidade do servizo prestado aos usuarios.

APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN:

Solicitamos a apertura das listas de contratación a fin e poder cubrir todas as vacantes que se produzan.


APLICACIÓN INMEDIATA DE LA LEI DE EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA: 

Esiximos a aplicación inmediata a Lei de Emprego Público de Galicia ao persoal do Consorcio, xa que isto implicaría unha mellora dos dereitos dos traballadores no que atinxe, entre outros, a aspectos relativos a permisos, licencias e vacacións.

MOBILIDADE DO PERSOAL:
Demandamos a aceptación das propostas formuladas no seu día pola CSI•F a fin de facilitar a mobilidade dos traballadores aos seus lugares de residencia.

Pola súa parte, o Xerente do Consorcio manifestou:

Respecto a sinatura do convenios cos concellos, as negociacións atopábanse paralizadas neste momento debido aos numerosos cambios nos gobernos municipais como consecuencia das eleccións municipais, pero que era intención do novo conselleiro que se mantivera a prestación de servizos tanto nos centros de dia como nas escolas. Así mesmo manifestou a intención de que dita prestación de servizos fose con vocación de permanencia no tempo o que implicaría o mantemento dos traballadores nos casos nos que non se chegase a acordo cos concellos.

Ás listas de contratación, o Xerente manifestou que están estudando a posibilidade de recorrer ao INEM, toda vez que os candidatos que envían dende o Servizo Público de Emprego de Galicia incorpóranse ao final das listas. Ademais consideran que tamén estudan a posibilidade de crear una lista “pull” con persoas da mesma localidade das escolas, xa que en moitas ocasións faise moi difícil cubrir as necesidades, e deste xeito poder cubrir todas as situacións de ausencias dos traballadores das mesmas motivadas por incapacidades laborais temporais, vacacións, asuntos propios, etc.
 A aplicación da Lei de emprego público de Galicia, o Xerente manifestounos que, ante as dúbidas que lle suscita a aplicación directa da mesma aos traballadores do Consorcio, fará a consulta por escrito á Dirección Xeral de Función Pública. 

EQUIPARACIÓN SALARIAL DO PERSOAL DO CONSORCIO AO V CONVENIO COLECTIVO ÚNICO DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA.

Por parte da CSI•F fíxoselle entrega ao Xerente da copia dun escrito remitido pola CSI•F ao Conselleiro de Facenda o pasado día 25 de novembro de 2015 no senso da aplicación inmediata da Disposición Transitoria Sexta da Lofaxga.

Dita Disposición establece que: En relación co persoal regulado no título III desta lei cuxo réxime xurídico lle asigne retribucións inferiores ás establecidas no convenio colectivo do persoal da Xunta de Galicia para as correspondentes categorías procederase, nun prazo de dous anos desde a aprobación desta lei, a negociar coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos a aplicación do convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Así, despois das declaracións do Conselleiro de Facenda o pasado día 23 de novembro de 2015 no Parlamento de Galicia afirmando que “as contas para o ano 2016  inclúen unha previsión de crecemento do PIB galego do 2,5%, o que permitirá acelerar a recuperación da economía galega e que se cumprirá a previsión da Xunta para este exercicio, do 2%, xunto coa mellora agardada do comportamento do PIB autonómico no terceiro trimestre do 2016”, dende a CSI•F consideramos ineludible acatar o mandato legal incluído na Disposición transitoria sexta da Lofaxga.
E, por todo elo, a CSI•F instou a inmediata convocatoria da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos a fin establecer una calendario de homologación de salarios do persoal do Consorcio co do persoal laboral da Xunta de Galicia.
                                                                            CSI•F, 02  de decembro 2015



No hay comentarios:

Publicar un comentario