NOTA INFORMATIVA DA REUNIÓN ENTRE A XEFATURA TERRITORIAL E O COMITÉ DE
EMPRESA DA CONSELLERIA DE POLÍTICA SOCIAL EN VIGO. ASUNTO CARTELEIRAS 2016.
A reunión tivo lugar o 4/12/2015 no edifico
administrativo da Xunta de Galicia en Vigo; por parte da administración asistiron
a xefa territorial María Peón, a coordinadora Susana Figueroa e os directores de diferentes
centros da área de benestar e polo comité, o pleno do mesmo.
Comezou a mesma coa lectura das alegacións que o
comité enviara uns días antes á xefatura territorial sobre a confección de carteleiras
para o ano 2016 nos centros de benestar e na que se expresa o rexeitamento
do comité á forma en como se confeccionaron ditas carteleiras,
sen comunicarnos en ningún momento as instrucións que se ían a ter en conta para
a confección das mesmas.
As alegacións que se presentaron por parte do
comité, estrutúranse en tres puntos básicos.
Primeiro punto: se
realiza unha defensa reiterada da reposición do art.19 do convenio e de todos os
recortes que sufriron os traballadores e
as traballadoras, en especial os desta Consellería.
A resposta da administración é que a Xefatura Territorial no ten competencia nesta
alegación e a mesma lla debemos dirixir a Santiago.
Segundo punto: Solicítase
á Administración que se nos explique que
significan as nomenclaturas X e L que aparecen nas carteleiras e contéstannos
que L é o día libre e que o X significa axuste horario, anque si
nos respostan, que as carteleiras no seu desenrolo, as X que aparecen nas mesmas non se van a modificar. Tamén nos comentan
que as X que aparecen nas carteleiras
se computaran como dias hábiles para o cómputo de días a efectos de permisos,
licencias e vacacións, ou sexa, que se
contaran como un día de traballo, pero non así para o computo de horas anuais.
Encanto ós 14 festivos que teñen que aparecer nas rodas,
se nos responde por parte da xefatura territorial que en todas as rodas
aparecen todos os festivos, así como, que o reparto equilibrado de festivos,
entre os traballadores, será difícil levalo a cabo.
Lémbraselles que non se modifiquen os horarios de
entrada e saída do persoal, a Administración comprométese a non modificalos nin
este ano nin nos anos vindeiros.
Volvemos a solicitar que tan pronto como se aproben
as carteleiras non se modifique a roda anual. A administración non contesta
sobre este tema.
Que se permitan e respecten os cambios de quenda
entre os compañeiros e se nos responde que non se van a impedir os cambios, así
mesmo, o comité solicita que cando non se permita algún cambio se comunique por
escrito.
En canto ós traballadores e traballadoras de fin
de semana se pide que se lles conceda algún descanso ou un aumento na percepción
económica, xa que os seus contratos son en precario e nos que se traballa todos os fins
de semana. Por parte da Administración respóndesenos que se estudiará o tema, pero lle ve unha difícil solución
a nivel de xefatura territorial.
Comunícasenos que as novas rodas do 2016 empezaranse a
aplicar o 1 de febreiro, así como se nos comunica que no ano 2017 as implantarán
o 1 de xaneiro.
Terceiro punto: A sectorización.
Polo comité se lles explica que a sectorizacion é o modelo mas lesivo que teñen
que soportar os traballadores e traballadoras
e que reiteradamente este comité insistiu na desaparición deste modelo.
A Administración defende este modelo para o próximo ano, anque se compromete a
crear unha mesa de traballo para estudar este asunto.
Á pregunta por parte do comité sobre a compensación
do día 20 de decembro(eleccións xerais) se nos comunica que aqueles traballadores
e traballadoras que ese día non dispoñan das 4 horas que ten dereito para
exercer o seu dereito ó voto dentro da súa
xornada laboral. Terán dereito á compensación
dun día unha vez que presenten o
xustificante de ter ido a votar.
Por último as novas rodas serán comunicadas ao comité
o día 15 de decembro despois de estudar as diferentes propostas achegadas.
Pontevedra 07 de decembro do 2015

No hay comentarios:
Publicar un comentario