Información relativa á mesa xeral de empregados públicos e comisión de persoal que se celebrou no día de onte (11-11-2015) e na que se abordaron, entre outros, os seguintes temas:
- Proposta de modificación da RPT de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- Proposta de modificación dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Emigración).
- Proposta de modificación da RPT da Consellería de Educación e Cultura.
- Contratación de persoal de Oficinas de Emprego
- Integración do persoal da Escola Superior de Hostalaría
- Funcionarización do persoal laboral de servizos sociais
- Concurso de Veterinarios e temario para o próximo proceso selectivo
- Transposición do acordo relativo a días adicionais de vacacións e asuntos propios por antigüidade
- Modificación das ordes de convocatoria dos diferentes procesos selectivos
Preme no enlace para ver a nota informativa

No hay comentarios:
Publicar un comentario