miércoles, 11 de noviembre de 2015

Axudas para a adquisición de material escolar.

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa emendable.
Esta convocatoria tramitarase polo procedemento establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tendo en conta que polo obxecto e finalidade da subvención non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
Beneficiarios:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial.
A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:
a) Seguir as directrices que marca a orde de convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición de material escolar do curso académico para o que se solicitou a axuda.
b) Cooperar coa Administración educativa en cantas actividades de inspección e verificación leve a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.
c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos:
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16, cando se atope nos supostos indicados no artigo 1.1 desta orde.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.

Prazo de presentación aberto (11/11/2015 - 21/11/2015)

Para mais información preme no seguinte enlace



No hay comentarios:

Publicar un comentario