viernes, 14 de junio de 2013

Probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas


No DOG do venres 14 de xuño de 2013 publícase a orde pola que se convocan as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Documentación: Todos/as os/as aspirantes que desexen realizar as probas deberán presentar solicitude 
debidamente cuberta e axustada ao modelo oficial.

Coa solicitude remitirase a seguinte documentación:
– Fotocopia compulsada do DNI do solicitante
– Certificado de antecedentes penais, expedido polo Ministerio de Xustiza.
– Fotocopia compulsada do curso de iniciación, perfeccionamento ou equivalentes de coñecemento básico da lingua galega. Os aspirantes que acrediten documentalmente este coñecemento quedarán exentos da realización da proba consistente na tradución dun texto do galego ao castelán, que se realizará conxuntamente coa proba de coñecementos.
– Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.
– Dúas fotografías tamaño carné de identidade.

Taxa para obter a certificación acreditativa da habilitación: 49,90 euros

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día 
seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Información aos/ás interesados/as
  • Páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.es/es)
  • No enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es
  • No teléfono da Agasp 886 20 61 10.
  • No Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp (avda. da Cultura s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra)

No hay comentarios:

Publicar un comentario