jueves, 5 de mayo de 2016

NOTA INFORMATIVA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS

Constitución da comisión de seguimento sobre a aplicación das instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas aprobadas por resolución do 24 de febreiro de 2016.
Reunida a citada comisión o 4 de Maio do 2016 as 11:45 horas na sede da Xunta de Galicia en San Caetano.
Asistiron pola administración:
      Director Xeral da Función Pública
      Subdirector Xeral da Función Pública
      Representante da Consellería de Política Social
      Representante da Consellería do Medio Rural
      Representante da Consellería de Cultura, Educación e O.U.
Polas organizacións sindicais:
      CSIF, CC.OO, CIG e UGT
Na dita reunión tratáronse os seguintes asuntos que relacionamos a continuación.
  1. Aclaración do valor das “X” nos cuadrantes do persoal das consellería de Política Social.
Pola parte da secretaría xeral técnica da Consellería de Política social e da dirección xeral de función pública entenden que as “X” deben considerarse como dias hábiles a efectos de computo de vacacións e permisos.

Dende CSIF e as demais organizacións sindicais presentes insistimos que o valor das “X” debe considerarase como dias inhábiles e ante a insistencia desta solicitude o director xeral de función pública comprometese a estudar dito requirimentos e darnos contestación na maior brevidade posible.
2.-Problemática xerada pola interpretación do descanso dos dias 24 e 31 de decembro para o persoal a quendas.
Pola administración contestan que aplicarase integramente o que din as instrucións de vacacións e permisos para todo o persoal, pero sen deixar claro de que forma se aplica  ao persoal a quendas.
Ante a reiterada insistencia polas organizacións sindicais solicitando que o persoal que traballe a quendas desfrute  de dous dias  mais de asuntos persoais, traballe ou non traballe ditos dias. O director xeral da función pública se compromete a valorar dita petición e promete dar resposta a mesma a igual que o punto anterior.
3.-En canto ao desfrute independente de 6 dias hábiles que poderán acumularse aos asuntos particulares, pola parte sindical se solicita que ditos dias no teña que solicitarse ante do 31 de marzo  e que se permita solicitalos con posterioridade a dita fecha e con antelación suficiente para a súa cobertura.
A administración responde que non pensa cambiar o redactado nas instrucións, xa que non e posible por razóns organizativas da coberturas con persoal, de ditos dias,  nas distintas conselleiras e que suficiente o prazo do 31 de marzo para dita solicitude.
Neste punto a parte sindical pide coñecer o cuadrante do mes de xaneiro do 2017 xa que as instrucións recoñecen o desfrute das vacacións ata o mes de xaneiro do 2017.
A administración responde que se estudara dita proposta.
4.-No permiso por falecemento solicitamos que no caso que o falecemento dun familiar ocorra no estranxeiro o nun lugar afastado do domicilio do traballador o permiso poida desfrutarse de forma descontinua o que comece a desfrutarse do permiso co tempo suficiente para que o familiar falecido do traballador chegue do estranxeiro.
A administración  comprometese  a estudar dita solicitude a pesar de que en principio a ve factible.
Solicitamos novamente a unificación de criterios da interpretación das instrucións e evitar así agravios comparativos entre os traballadores e as traballadoras das distintas conselleiras.

Santiago 04 de maio do 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario