lunes, 11 de abril de 2016

ESTADÍAS E SERVIZOS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN E O CARBALLIÑO

A Consellería de Política Social convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre para 2016 sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)

Persoas destinatarias
Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
Distribución das prazas
A distribución das prazas será compartida nun 50 % entre a Consellería de Política Social e as centrais sindicais en razón da súa representatividade na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos resultados obtidos nas derradeiras eleccións sindicais.
Tipos de servizo
1. Servizo de residencia.
O servizo de residencia consistirá no aloxamento e na mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
2. Servizos para non residentes.
Poderán gozar do servizo de comedor os e as familiares e persoas con relación de amizade cos ou coas residentes, que veñan visitar a instalación, segundo as normas para a provisión de prazas que determine a persoa que exerza a dirección de cada residencia, e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento BS419A.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2016.
Máis información no DOG do 8 de abril de 2016 e en www.familiasgalegas.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario