miércoles, 9 de marzo de 2016

OPOSICIÓNS PARA A DISCAPACIDADE INTELECTUAL EN GRAO IGUAL OU SUPERIOR AO 33 %.

O DOG do 07/03/2016  recolle a convocatoria para a cobertura de seis prazas de persoal subalterno polo sistema de acceso libre e mediante concurso-oposición, e será a primeira dirixida ao colectivo da discapacidade intelectual que realiza a Xunta de Galicia en toda a súa historia.

A puntuación dos aspirantes que aproben o primeiro exercicio pero non superen o proceso selectivo terá a consideración de mérito nas futuras listas de emprego temporal para persoas con discapacidade intelectual que vai impulsar a Xunta de Galicia. 

De feito, a Administración galega será pioneira en poñer en marcha unha lista de contratación temporal dirixida especificamente a este colectivo. 
Estas seis prazas únense ás 33 prazas que se inclúen na Oferta de Emprego Público para este ano 2016, publicada tamén no 


Destas 33 prazas, 17 son para celadores do Sergas, 12 para funcionarios subalternos e 4 para o corpo auxiliar (grupo C2).


REQUISITOS: Ter recoñecida unha discapacidade intelectual en grao igual ou superior ao 33 %. 

SOLICITUDES: vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do DOG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario