lunes, 14 de marzo de 2016

CAMPAMENTOS A LANZADA DIPUTACIÓN PROVINCIAL


BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DEPO AVENTURA A LANZADA 2016
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente educativo, destinadas á xuventude no ámbito do lecer.
Neste caso, esta institución provincial organiza durante o ano 2016 campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada para as persoas menores dos distintos concellos da provincia de Pontevedra, ofrecendo a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que serven non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal, ademais de coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.
BOPPO 

No hay comentarios:

Publicar un comentario