martes, 2 de febrero de 2016

FORMACIÓN CONTINUA PARA O PERSOAL SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN conxunta do 18 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal deste servizo.

Requisitos de participación

Poderán participar nas accións formativas do Plan Afedap todas/os as/os profesionais que presten ou prestasen servizos nas institucións do Servizo Galego de Saúde, as/os aspirantes a vinculacións temporais no ámbito das institucións do
Servizo Galego de Saúde, ao abeiro do Pacto de selección temporal vixente en cada momento, así como o persoal pertencente ás fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade integrado no réxime estatutario.
As persoas interesadas en participar nas actividades formativas deberán cumprir os requisitos exixidos para cada curso. 

Solicitudes 

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de preinscrición telemática na páxina web da ACIS 

Prazos de inscrición 

Do 1 de febreiro de 2016 ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa.

Publicación das listaxes de admitidos/as 

Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase na páxina web da ACIS a listaxe provisional de admitidas/os e excluídas/os na acción formativa concreta, así como as causas da súa exclusión. Ademais, enviarase un SMS a xeito de recordatorio ás/aos admitidas/os en cada acción formativa, sempre que se dispoña na base de datos da ACIS dun número de teléfono móbil. 

Estas mensaxes son simplemente informativas e non eximen as/os aspirantes de consultar a páxina web da ACIS. As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da listaxe provisional, para poder emendar, de ser o caso, o defecto ou defectos que motivasen a exclusión e formular as reclamacións que coiden pertinentes.








No hay comentarios:

Publicar un comentario