martes, 29 de septiembre de 2015

Axudas para o inicio de estudos universitarios nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

O obxecto desta convocatoria é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria dos alumnos e alumnas que inicien estudos universitarios no curso 2015/16 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.

Contía da axuda.

1. A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade, que é dun
máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes, e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, tal e como se recolle no Decreto 90/2015, do 18 de xuño, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio no ensino universitario para o curso 2015/16 (DOG núm. 123, do 2 de xullo).

2. A axuda só alcanzará os créditos dunha única titulación e especialidade.

3. Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento das taxas a que tivese dereito o/a beneficiario/a.

Beneficiarios:

Os alumnos e alumnas que inicien estudos universitarios no curso 2015/16 no Sistema universitario de Galicia.

A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:
a) Informar o órgano que concede a bolsa da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.
b) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Acreditar mediante certificación que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.
d) Seguir con aproveitamento durante o curso académico con carácter presencial os estudos en que estea matriculado e non anular a matrícula.

Requisitos:

Poderán solicitar estas axudas os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lles permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.
b) Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de países terceiros, cando se acredite a condición de residente en España, e quedan excluídos os que estean en situación de estadía.

c) Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2015/16 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.

d) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

e) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 90/2015, do 18 de xuño (DOG núm. 123, do 2 de xullo), polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2015/16.

f) Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
- Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
- Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
- Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
- Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
- Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
- Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.
- Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
- Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.

A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia.

g) Non ter recibido esta axuda en convocatorias anteriores.
Premendo no enlace tedes máis informacion e acceso os formularios 

No hay comentarios:

Publicar un comentario