miércoles, 15 de julio de 2015

INFORMACIÓN SOBRE PUBLICACIÓN TEMARIOS EGAP PARA OS DIVERSOS PROCESOS SELECTIVOS DA XUNTA‏

Informámosvos que están dispoñibles na páxina da EGAP  os  temarios correspondentes  aos programas contidos nas convocatorias que a continuación se detallan:
TEMARIOS PROMOCIÓN INTERNA .

Corpo superior, subgrupo A1 e corpo de xestión, subgrupo A2: parte dispositiva (lexislación) en galego e en castelán.
 - Información complementaria:
Respecto dos temas específicos correspondentes a estes dous grupos, informan dende a Egap que se irán publicando progresivamente, sendo a data límite de publicación o próximo 15 de setembro.
A Egap reitera que os temarios publicados non teñen carácter oficial, polo que en ningún caso vincularán aos opositores ou aos tribunais. En consecuencia deben considerarse instrumentos complementarios que servirán de apoio e axuda como textos de referencia pero nunca de forma exclusiva e excluínte.
TEMARIOS ACCESO LIBRE.
Comunicámosvos que na reunión celebrada no día de hoxe (14-07-2015) polo consello reitor da Egap, infórmasenos por parte da Directora desta escola que respecto da confección dos temarios para os procesos selectivos de acceso libre non teñen constancia nin proposta por parte de Función Pública respecto da necesidade da súa confección. É dicir, a día de hoxe descoñecen que teñan que elaboralos.
Dende CSI•F, como promotores desta iniciativa <<que a EGAP elaborase todos os temarios oficiais para os diversos procesos selectivos>> instaremos e esixiremos por todos os medios posibles para que se cumpra co compromiso desta elaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario