domingo, 5 de julio de 2015

APERTURA E PECHE DE LISTAS PARA O DESEMPEÑO TRANSITORIO DE POSTOS RESERVADOS A FUNCIONARIOS DO CORPO DE AXUDANTES DE CARÁCTER FACULTATIVO, SUBGRUPO C1, ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS AMBIENTAIS

RESOLUCIÓN da  CONSELLERÍA DE FACENDA do 25 de xuño de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.
Pola que resolve

Abrir o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de axudantes de ca­rácter facultativo,
subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais (código 207H), coas condicións establecidas no anexo.

Segundo. Pechar o prazo para incorporación de novas solicitudes ás listas corres­pondentes ao extinto corpo de auxiliares de carácter técnico, grupo C2, escala de axentes forestais.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de inscrición na lista do corpo de auxiliares de carácter técnico, grupo C2, escala de axentes forestais, aos aspirantes que presentaron este ano a solicitude e aboaron as taxas correspondentes se realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos.

Para a devolución do importe ingresado este ano por aqueles aspirantes que non fixeron constar eses datos será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga
constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta, ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada
ata o 1 de decembro de 2015.

Con carácter transitorio, en canto non estean operativas as listas do corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, para a cobertura dos postos de traballo deste corpo acudirase ás listas do corpo de auxiliares de carácter técnico, grupo C2, escala de axentes forestais.
A selección realizarase por orde de prelación entre os aspirantes que posúan os requisitos daquela escala: titulación de técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos ou titulación de técnico especialista equivalente, e estar en posesión ou en condicións de obter o permiso de conducir das modalidades A2 e B con autorización BTP.

Solicitudes
1. Os/as interesados/as en formar parte das listas correspondentes á escala de axentes
facultativos ambientais deberán presentar a instancia conforme o modelo que está á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es/funcion-publica), na epígrafe
«Listas de contratación», subepígrafe «Xeración de solicitudes».

O prazo para a presentación de instancias comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de xullo de 2015, de acordo co establecido no artigo 6.1 do Decreto 37/2006.

Taxas
1. De conformidade coa Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exencións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das taxas que hai que aboar
en concepto de dereitos de inscrición ascende a 16,98 euros.

Mais información no DOG Xoves, 2 de xullo de 2015









No hay comentarios:

Publicar un comentario