martes, 30 de junio de 2015

RESOLUCIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO-OPOSICIÓN PARA O INGRESO EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE RESOLUCIÓN do 17 de xuño do 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

O Servizo Galego de Saúde resolve convocar concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en
laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia.

Solicitude. 

 Formulario de inscrición. 5.1.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI, e que logo de formalizada electronicamente deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos números 5.2 e 5.3, respectivamente. 5.1.2. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación ou en calquera dos documentos acreditativos dos requisitos de participación.

Lugar de presentación. 

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no nú- mero tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes,que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

Prazo de presentación.

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de participación no proceso desde o día seguinte ao de publicación desta 1 de xullo do 2015  convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o día 20 de agosto de 2015, ambos incluídos.

Para mais información preme no seguinte enlace do DOG
DOG 30-06-2015





No hay comentarios:

Publicar un comentario