lunes, 9 de marzo de 2015

CÓMO SOLICITAR A AXUDA FISCAL DE 1.200 EUROS

1.- CÓMO SOLICITAR A AXUDA FISCAL DE 1.200 EUROS


Os beneficiarios das  novas deduccións no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) que incorpora a reforma fiscal para o apoio á familia, poden  solicitar xa  o seu abono anticipado. As deduccións incluiranse na declaración anual do IRPF do 2015, a presentar no 2016, onde se regularizarán as cantidades que se tiveran percibido como abono anticipado.

Os tres novos tipos de deduccións no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) afectan aos seguintes colectivos:

  • Familias numerosas (ordinaria 1.200 euros anuales y de categoría especial 2.400 euros anuales)
  • Descendiente con discapacidad (1.200 euros anuales por cada descendiente)
  • Ascendiente con discapacidad (1.200 euros anuales por cada ascendiente)
 2.- SOLICITUDE

 A solicitude de pago anticipado poderase realizar mediante a presentación dun novo modelo, o 143por cada unha das deduccións, acumulables entre sí, ás que os beneficiarios teñan dereito, 100 euros mensuais por familia numerosa e por cada decendente e ascendente con dicapacidade, e 200 euros no caso de familias numerosas de categoría especial.

As solicitudes poderán presentarse por teléfono ou internet  a partir do 7 de xaneiro (na web da axencia tributaria), e presencialmente dende o 3 de febreiro.

O límite para cada unha das deduccións serán as cotizacións e cuotas totais a seguridade social e/o mutualidades devengadas en cada periodo impositivo, (non se poderán percibir os 1.200 euros anuais se non se ten cotizado por esa cantidade).

Presentarase unha solicitude por cada deducción á que se teña dereito, de forma individual (unha solicitude por contribuinte con dereito a deducción) ou colectiva (por todos os contribuintes que teñan dereito a deducción respecto a un mesmo descendente, ascendente ou familia numerosa).

 3.- ¿QUÉN PODE SOLICITAR O PAGO ANTICIPADO DAS DEDUCCIÓNS?

Contribuintes con descendientes o ascendientes con discapacidade con dereito á aplicación do mínimo correspondiente, ou que sexan ascendentes, ou un orfo de pai e nai que formen parte dunha familia numerosa, que realicen unha actividade por conta propia ou allea pola que estén dadas de alta no réxime correspondente da seguridade social ou mutualidade.

Considéranse familias numerosas aquelas integradas por:

-          Un ou dous ascendentes con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns.
-          Un ou dous ascendentes con dous fillos, sexan ou non comús, sempre que, alomenos, un deles sexa discapacitado (mínimo 33% de minusvalía) ou esté incapacitado para traballar (incapacidade absoluta ou gran invalidez).
-          Dous ascendentes, cando ambos foran discapacitados (mínimo 33%) ou, alomenos, un deles tivera un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, ou estiveran incapacitados para traballar, con dous fillos, sexan ou non comúns.
-          Pai ou nai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, ainda que estén en distintas unidades familiares, sempre que se atopen baixo a súa dependencia económica, aínda que non vivan no domicilio conxugal.
Neste suposto, o proxenitor que opte por solicitar o recoñecemento da condición de familia numerosa propoñendo a estos efectos que se teñan en conta fillos que non convivan con él, deberá presentar resolución xudicial na que se declare a obriga de prestarlles alimentos. De non haber acordo dos pais sobre os fillos que deban considerarse unidade familiar, operará o criterio de convivencia.
-          Dous ou máis irmáns orfos de pai e nai sometidos a tutela, acollemento ou garda  que convivan co tutor, acolledor ou gardador, pero non se atopen as súas expensas.
-          Tres ou máis irmáns orfos de pai e nai, maiores de 18 anos, ou dous, si un deles é discapacitado, que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.

Para que se reconoza o dereito a ostentar a condición de familia numerosa, os fillos ou irmáns deberán reunir as seguintes condicións:
-          Ser solteiros e menores de 21 anos, ou ser discapacitados ou estar incapacitados para traballar, calqueira que fose a súa idade. Este límite ampliarase hasta os 25 anos de idade, cando cursen estudios adecuados a súa idade e titulación.

Familias Numerosas de Categoría Especial


Son aquelas de cinco ou máis fillos e as de catro fillos, dos cales, alomenos, tres procedan de parto, adopción ou acollemento permanente o preadoptivo múltiple.


Non obstante, as unidades familiares con catro fillos clasificaranse na categoría especial cando os seus ingresos anuais, divididos polo número de membros que a compoñen, non superen, en cómputo anual, o 75% do salario mínimo interprofesional vixente, incluidas as pagas extraordinarias.

PARA OBTER MÁIS INFORMARAIS PREME NESTES ENLACES



No hay comentarios:

Publicar un comentario