miércoles, 21 de enero de 2015

Probas para a o título de graduado en ESO para maiores de 18 anos

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro.

Requisitos:
Teren cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.

O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:


- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
- Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Centros:
A Coruña:
Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3.
IES Rafael Dieste, prol. Manuel Murguía/esq. Rda. de Outeiro.

Ferrol:

Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n.

Santiago de Compostela:
IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n.
IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3.

Carballo:
IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura,

Lugo:
Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n.

Ourense:
Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4.

Pontevedra:
Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, s/n.
IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria.
IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23.

Vigo:
Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º.
IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88.
IES Santa Irene, praza de América, 7.

O Porriño:
IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros).

Tui:
IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n.

Vilagarcía de Arousa:
IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6

Ponteareas:
IES Val do Tea, rúa Feliciano Barrera, 15

Prazos de matrícula:
Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015.
Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015.

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A
Máis información no DOG do 21 de xaneiro de 2015 e en www.edu.xunta.es

                             

No hay comentarios:

Publicar un comentario