lunes, 22 de diciembre de 2014

Se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006.

Publicada no DOG de hoxe  22-12-2014 a resolución  do 17 de decembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio
de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006,do 2 de marzo.

Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas

reservadas ao persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta
resolución, así como para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal laboral
dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
 As listas poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas
de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas
comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epí-
grafe Función Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario