martes, 16 de diciembre de 2014

Recoñecemento do complemento salarial de antigüidade ao persoal laboral temporal ao servizo da Xunta de Galicia.

No día de onte 15 de decembro publicouse a ORDE do 1 de decembro de 2014 pola que se ditan normas relativas ao recoñecemento do complemento salarial de antigüidade ao persoal laboral temporal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola Orde da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 6 de agosto de 2003 dítanse as normas sobre o recoñecemento do complemento salarial de antigüidade ao persoal laboral temporal ao servizo da Xunta de Galicia. Esta
orde foi modificada pola Orde do 21 de febreiro de 2008, co fin de mellorar o procedemento e axilizar a tramitación correspondente.

Persoal laboral temporal que teña servizos prestados como persoal da Administración autonómica incluído no ámbito de aplicación do convenio colectivo.
En aplicación do disposto no artigo 26.1 do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, ao persoal laboral temporal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que estea prestando servizos nesta Administración recoñeceránselle
os trienios correspondentes por cada tres anos de servizos prestados.
Os trienios serán recoñecidos de oficio pola Dirección Xeral da Función Pública, sen que sexa necesario presentar unha petición expresa por parte dos interesados.

Persoal laboral temporal que teña servizos prestados como persoal da Administración
autonómica non incluído no ámbito de aplicación do convenio colectivo
Aquelas persoas que prestasen servizos na Administración da Comunidade Autónoma como persoal non incluído no ámbito de aplicación do vixente convenio colectivo
(servizos como funcionario interino, Servizo Galego de Saúde...) e estean desempeñando un posto de traballo como persoal laboral temporal, deberán acreditar estes servizos ante a unidade administrativa de persoal da consellería/organismo onde estea destinado actualmente para proceder á súa validación. Esta consellería/organismo expedirá o correspondente
certificado, conforme o modelo anexo, que deberá remitir á Dirección Xeralde Función Pública.
Deste certificado darase unha copia ao interesado. 
Tedes mais información premendo no seguinte enlace 


No hay comentarios:

Publicar un comentario