domingo, 21 de diciembre de 2014

Información CI de Seguridade e Saúde Laboral do 17-12-2014

Achegamos a nota informativa correspondente ao pleno ordinario do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral celebrado no día de onte, 17-12-2014, no que se trataron diversos asuntos, entre outros:

-         A proposta de CSI•F, o CISSL procederá á valoración, estudo e achega de propostas ao prego de condicións técnicas que conforma a documentación para a licitación do servizo de prevención alleo.

-         Tal e como ten solicitado a CSI•F, os informes resultantes dos recoñecementos médicos poderán obterse mediante correo electrónico (maior axilización e protección de datos).


-         CSI•F solicita que coa entrega do informe médico se facilite aos empregados públicos unha enquisa de satisfacción debido á constatación en moitos casos nun déficit na consideración, respecto e deferencia no trato aos referidos traballadores/as e  coa finalidade de que poidan poñer de manifesto as incidencias ou críticas, se houbese.

-         CSI•F propón a inclusión de avaliación de riscos nos postos de traballo do Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos.

-         Et​c ...

Preme neste enlace para ver as novas 

NOTA INFORMATIVA ​



No hay comentarios:

Publicar un comentario