miércoles, 26 de noviembre de 2014

Información da Comisión Persoal celebrada no día de hoxe, 26-11-2014: Rpt da Egap e Criterios xerais Ope 2014, información da ope 2015, promoción interna e categorias laborais entre outros.

Remitímosvos unha breve información respecto dos asuntos tratados hoxe na Comisión de Persoal;
1.       Aprobáronse as actas correspondentes ás sesións anteriores.

 2.       Introduciuse un novo punto na orde do día debido á necesidade preceptiva de dar información a este órgano respecto do levantamento da suspensión temporal dun traballador froito dun expediente disciplinario.

3.       Proposta da Rpt da EGAP consistente na amortización dun posto de telefonista:

-           CSI•F votou en contra desta proposta toda vez que entendemos que non está xustificada nin motivada.
-          O resto de OO.SS tamén votaron en contra.

 4.       Proposta dos criterios xerais correspondente á OPE 2014:

 -          Función Pública informa na propia comisión de persoal que se retira desta proposta o criterio referido á acumulación das prazas de veterinarios da Ope 2008 pois, segundo explica, dispón do informe xurídico de asesoría xurídica que incide na posibilidade de entender como caduca dita ope –transcorridos os 3 anos -, e en consecuencia, que pode dar lugar a posibles impugnacións na correspondente a este ano. Así e tras esta modificación, non nos aclaran que número de prazas se van a convocar respecto deste corpo de funcionarios.

 -          Do mesmo xeito, Función Pública comunícanos que mañá no consello da Xunta de Galicia informarase das prazas que se convocarán (PREVISIÓN DE 53 PRAZAS),  cunha taxa de reposición do 10% que é o máximo que permite a Lei de Orzamentos deste ano 2014.

 -          Dende CSI•F solicitamos a retirada desta proposta polos seguintes motivos;

    DENUNCIAMOS QUE NON SE NOS FACILITEN O NÚMERO E DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS A CONVOCAR POLO ÚNICO MOTIVO DE QUE SE RESERVEN ESTES DATOS PARA A PUBLICIDADE E PROPAGANDA  NO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA. (Unha nova desconsideración e mala fe negociadora respecto da representación legal dos traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia).


 NA MESA DE NEGOCIACIÓN REQUERIMOS OS DATOS DESAGREGADOS PARA O CÁLCULO DAS PRAZAS QUE SE OFERTAN (Xubilacións, Baixas, etc.) CONFORME O ARTIGO 21 DA LEI XERAL DE ORZAMENTOS DO ESTADO E NON SE NOS FACILITAN (Outra mostra de desprezo).


SOLICITAMOS QUE SE NOS FACILITE O INFORME XURÍDICO QUE ACONSELLA A RETIRADA DA ACUMULACIÓN DE PRAZAS DA OPE 2008- VETERINARIOS. (Tampouco se nos facilita).

 -          Función Pública non retira a proposta. CSI•F VOTA EN CONTRA E RESERVÁMONOS O DEREITO DE IMPUGNAR A PROBACIÓN DESTES CRITERIOS TODA VEZ QUE ENTENDEMOS QUE NON FOI NEGOCIADO (Non dispuxemos da documentación  precisa)

 -          O resto de OO.SS tamén votaron en contra.

 5.       Outras informacións:

-          OPE 2015: Informa o D.X da Función Pública que no primeiro trimestre de 2015 teñen previsto aprobar a ope 2015 cun número de prazas próximas ao 50% da taxa de reposición (que é a taxa fixada pola Lei de Orzamentos para este ano).

 -          Modificación categorías laborais do vixente Convenio Colectivo de Persoal Laboral da Xunta de Galicia: Función Pública informa que constituíron un grupo de traballo coas distintas consellerías para propor a modificación do anexo de categorías (anulando, refundindo e/ou creando novas categorías). Do mesmo xeito, trasladarán ás OO.SS os primeiros avances deste grupo de traballo para que acheguen as súas propostas e consideracións. Neste senso, prevé realizar unha reunión sobre o 10 ou 11 de decembro.

-          CSI•F SOLICITA INFORMACIÓN RESPECTO DOS PROCESOS DE PROMOCIÓN INTERNA E RPT DE CULTURA: Función Pública informa que respecto dos procesos de promoción interna non cambiará o modelo proposto e que só aceptará modificacións/alegacións respecto do facilitado. Con respecto á RPT de Cultura afirma que se retirou a proposta por estar estudando as alegacións realizadas e que aínda non dispón de información ao respecto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario