miércoles, 8 de octubre de 2014

NOTA INFORMATIVA LEI DE EMPREGO PUBLICO DE GALICIA

A XUNTA DA MARCHA ATRÁS ANTE A PRESIÓN SINDICAL E ACCEDE A INICIAR UNHA NEGOCIACIÓN REAL E EFECTIVA DA LEI DE EMPREGO PÚBLICO.

Na mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos celebrada o día 6 de outubro de 
2014, as catro centrais sindicais máis representativas (CSI•F, UGT, CC.OO e CIG) 
opuxémonos conxuntamente a participar no proceso negociador que pretendía a Dirección 
Xeral da Función Pública, coa única intención de facer da negociación un mero trámite 
formal.
 
Así, os catro sindicatos esiximos a constitución de “mesas de traballo” onde a totalidade das 
alegacións formuladas por cada un deles fose estudada e debatida unha a unha. Mesas de 
traballo que finalmente foron aceptadas polo goberno e que darán comezo o próximo día 9 de 
outubro.
No caso da CSI•F foron centos as alegacións formuladas a este anteproxecto de lei. Todas elas 
razoadas e argumentadas, en moitos dos casos, con xurisprudencia. Por elo consideramos 
necesario que todos os traballadores afectados pola futura Lei de Emprego Público coñezan 
cal é motivo do goberno para non estimar as propostas formuladas polos seus representantes.
CSI•F, agradece ao goberno o cambio de talante e manifesta expresamente a súa vontade de 
negociación e de acadar un consenso no texto final resultante da negociación, a fin de 
conseguir que a Lei de Emprego Público sexa en realidade a lei dos e para os empregados 
públicos galegos.
Non obstante, como xa advertimos na Mesa de Negociación, a posibilidade de acadar dito 
consenso pasa inescusablemente, ademais das melloras que se introduzan no texto, por:
- A devolución integra da paga extraordinaria do ano 2012.
- Reposición do complemento autonómico das pagas extraordinarias.
- Recuperación do poder adquisitivo.
- Negociación dun novo modelo de Promoción Interna.
Por último, dende a CSI•F agradecémoslle ao goberno o cambio de talante na negociación do 
anteproxecto de Lei do Empregado Público e esperamos que isto, lonxe de pretender ser unha 
nova burla á negociación, supoña o inicio do recoñecemento do esforzo e sacrificio 
realizado polos empregados públicos galegos nos últimos anos. Pois é de xustiza!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario