viernes, 17 de octubre de 2014

BOCHORNOSO ANTEPROXECTO DE LEI DE EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA e DA LEI DE ORZAMENTOS PARA O ANO 2015


A XUNTA APROBARÁ A LEI DE EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA E A LEI DE ORZAMENTOS COA OPOSICIÓN E REXEITAMENTO DO 100% DOS REPRESENTANTES LEGAIS DA FUNCIÓN PÚBLICA GALEGA.

Outro día negro e unha nova labazada aos intereses e dereitos dos empregados públicos 
de Galicia. CSI•F define esta Lei, ante os responsables da Administración como o colofón á falla de 
respecto cara e cos traballadores e traballadoras do sector público galego.
Función Pública monta un circo e da un espectáculo esperpéntico na súa tentativa de lograr o apoio 
dunha única central sindical, retrasando a xuntanza en máis dunha hora e presentando no último 
momento documentación inelixible.
CSI•F, ante a Lei máis importante nos últimos 20 anos no referido as condicións laborais dos 
empregados públicos de Galicia, mantívose na defensa do rigor, da profesionalidade e de máximo 
respecto aos empregados públicos:

CSI•F esgotou todos e cada un dos mínimos “espazos de negociación” para tentar acadar 
melloras nas devaladas e denigradas condicións laborais e económicas dos empregados 
públicos a pesares do intento da Administración por pechar unha negociación en falso, 
cercenándoa só a melloras de tipo técnico/burocrático e ao apoio da organización sindical que 
elixiu como “única parella de baile” dende o comezo das negociacións.

CSI•F, como xa manifestara de forma clara e inequívoca, xunto coas máis de 40 follas de 
alegacións presentadas, instou á Administración a que a referida Lei recollese:
  • A devolución das retribucións furtadas e a restitución das pagas extra
  • A concreción dunha verdadeira carreira e promoción profesional
  •  A restitución dos dereitos laborais suspendidos
  •  A previsión dun modelo de promoción interna mediante a modalidade de concurso e a concreción do proceso de funcionarización
  •  A eliminación de determinadas prebendas e privilexios respecto de altos cargos e directivos con respecto do resto de traballadores xunto co punto final aos procesos de consolidación de emprego, entre outros. 
A Administración, ante estas achegas e demandas, presenta unha lei que por unha banda mantén 
privilexios e prebendas para altos cargos e directivos en contraposición ao mantemento na 
restrición e suspensión dos dereitos laborais e económicos para o resto de empregados 
públicos. Por outra, segue sen se especificar un cambio real na promoción interna nin no resto da 
carreira e promoción profesional e elimínase a Disposición referida aos procesos de consolidación de 
emprego, xerando máis inseguridade xurídica se cabe a este proceso e, do mesmo xeito, bloqueando 
ou retrasando os posibles concursos de traslados e procesos de funcionarización.Polos motivos expresados e pola enorme desconsideración e falla de respecto aos empregados públicos, CSI•F Votou en contra deste anteproxecto de Lei. 

Respecto da pronunciación do resto de OO.SS:

CIG – O seu representante solicita a retirada do anteproxecto de Lei.
CC.OO – O responsable desta organización lamenta ter que manifestarse sobre esta Lei porque non 
contén todos os cambios mencionados por escrito, polo que a súa postura foi “en contra raiando a 
abstención” (nova modalidade de voto).
UXT – Considera insuficientes os cambios introducidos. Vota en Contra.
En definitiva, trátase dunha lei feita por “funcionarios políticos” para uso e desfrute 
exclusivo de “funcionarios políticos”.
Tras a Comisión de Persoal, celebrouse a Mesa Xeral de Empregados Públicos para tratar o 
anteproxecto de Lei de Orzamentos referido ao Capítulo I.

A información respecto deste anteproxecto limítase a:

  •  Comunicar que van a aboar o 25% da paga extra do 2012. Dende CSI•F manifestámoslle que xa é un dereito recoñecido polos diferentes órganos xurisdicionais e que máis pronto ou máis tarde os teñen que aboar. Asemade, segundo pode saber CSI•F, o goberno dispón dun fondo de continxencias coa capacidade suficiente para aboar o total da parte devengada, pero non o quere facer.
  •  Dicirnos que seguen mantendo para este exercicio a supresión do complemento específico ou equivalente das pagas extras.
  •  Información da taxa de reposición: 50% en determinados sectores de actividade pública (servizos esenciais na educación e a sanidade entre outros). Dende CSI•F entendemos que a taxa debe ser do 100% para todos os servizos públicos esenciais.
EN DEFINITIVA, O GOBERNO SEGUE AMOSANDO O MÁIS ABSOLUTO DESPREZO CARA OS EMPREGADOS PÚBLICOS.
SEGUIREMOS INFORMANDO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario