jueves, 23 de octubre de 2014

Adscricións para a Consellería de Traballo e Benestar

Adscrición para a Consellería de Traballo e Benestar
Consellería de Traballo e Benestar publicou o seguintes anuncios de cobertura duns postos de traballo en réxime de adscrición temporal/ superior categoría 

Denominación do posto: AUXILIAR DE ENFERMERÍA
Categoría: 4-0003 AUX. SANITARIO, AUX. CLINICA, AUX. PSIQUIATRICO, AUX. ENFERM
Código do posto:TRC994080136001036
Centro de destino: RESIDENCIA DE MAIORES (PONTEVEDRA)
Observacións: DOG Nº72, DO 16/4/2012
DE NON HABER SOLICITANTES A PRAZA CUBRIRASE MEDIANTE A REALIZACIÓN DE FUNCIÓNS DE SUPERIOR CATEGORÍA. OS SOLICITANTES DEBERÁN ADIANTAR A SOLICITUDE POR FAX AO 986817043
Admisión solicitudes dende o 24/10/2014 ata 30/10/2014
________________________________________________________________________________________________________________
Denominación do posto: AXUDANTE/A DE COCIÑA
Categoría: 5-0001 CAMAREIRO-LIMPADOR, AXUDANTE COCIÑA, PRANCHADOR-LAVANDEIRO..
Código do posto: TRC994080036560302
Centro de destino: COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)
Observacións: DOG Nº214, DO 9/11/2012. DE NON HABER SOLICITANTES A PRAZA CUBRIRASE POR REALIZACIÓN DE FUNCIONS DE SUPERIOR CATEGORIA. OS INTERESADOS ADIANTARÁN UNHA COPIA DA SOLICITUDE POR FAX AO 986817043
Admisión solicitudes dende o 24/10/2014 ata 29/10/2014

Adscrición temporal, que é?
O V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia regula no art.7.5 as adscricións temporais do Persoal Laboral Fixo. Os postos de traballo vacantes, cando a súa provisión se considere urxente e inaprazable, poderán ser provistos mediante esta figura. O/a traballador/a deberá pertencer á mesma categoría e reunir os requisitos que, para o desempeño do posto de traballo, esixa a correspondente relación de postos de traballo. No caso de existiren varias persoas solicitantes nas mesmas circunstancias, adxudicarase atendendo preferentemente á antigüidade nas administración públicas. A adscrición terá unha duración máxima dun ano prorrogable por outro se persisten as circunstancias que a motivaron.
Superior categoría, que é?
O V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia regula no art.15 a realización de traballos de superior categoría do Persoal Laboral Fixo. Ofreceráselle ao persoal do centro, coa requirida publicidade e adxudicándoa pola antigüidade na Xunta de Galicia entre as persoas solicitantes. A ocupación dun posto de traballo en réxime de desempeño de funcións de categoría superior non poderá exceder de seis meses consecutivos ou dez alternos.

CÓDIGO - DESCRIPCIÓN DE LOS COMPLEMENTOS SALARIALES 
 B10 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD POR PELIGROSIDAD. 
 B11 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD POR TOXICIDAD. 
 B12 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD DE RESPONSABILIDAD. 
 B14 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD DE ESPECIAL DEDICACIÓN. 
 B16 COMPLEMENTO SALARIAL DE NOCTURNIDAD. 
 B18 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD POR PENOSIDAD. 
 B20 COMPLEMENTO SALARIAL DE DIRECCIÓN. 
 B12(1) COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD DE RESPONSABILIDAD POR CONDUCCIÓN HABITUAL DE VEHÍCULOS.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario