lunes, 29 de septiembre de 2014

INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAS DE CONTRATACIÓN DO SERGAS

O Servizo galego de saúde mantén aberto ata o 15 de outubro o prazo de inscrición e actualización de méritos para a nova xeración de listas de selección temporal

No último trimestre deste ano actualizaranse coa valoración dos novos méritos dos/das aspirantes, as listas de selección temporal correspondentes a 28 categorías

Está previsto que no último trimestre deste ano se proceda á actualización periódica de 28 listas de contratación vixentes, correspondentes ás categorías de celador/a, cociñeiro/a, enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061/ enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, grupo auxiliar da función administrativa, logopeda, médico/a de familia, médico/a de urxencias hospitalarias, pediatra de atención primaria, persoal de servizos xerais, pinche, técnico/a superior e de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, técnico/a en farmacia, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, dietética e nutrición, documentación sanitaria, hixiene bucodental, imaxe para o diagnóstico, laboratorio de diagnóstico clínico, radioterapia, terapeuta ocupacional e traballador/a social (DOG nº 136 de 18 de xullo de 2014).
De conformidade co vixente Pacto, o proceso de inscrición en listas ten carácter aberto e permanente, sen a formalización de ningunha convocatoria previa no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para o rexistro en Fides/expedient-e de novas solicitudes de inscrición, a modificación dunha anterior ou a presentación de novos méritos para este proceso de actualización remata o día 15 de outubro. Todas aquelas solicitudes ou méritos rexistrados electronicamente e presentados con posterioridade a este prazo, serán tidos en conta no proceso de xeración correspondente ao próximo ano.
A inscrición e actualización de méritos correspondente a estas categorías deberá efectuarse consonte o procedemento indicado na Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, de data 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia, nº 181, do 23 de setembro).


No hay comentarios:

Publicar un comentario