miércoles, 20 de agosto de 2014

PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O SEGUNDO SEMESTRE DO ANO 2014

ADMINISTRACIÓN LOCAL
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O SEGUNDO SEMESTRE DO ANO 2014
No marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (IV Acordo de Formación Continua nas Administracións públicas), e con cargo á subvención da Escola Galega de Administración pública (EGAP) para o plan agrupado de formación continua do ano 2014, a Xunta de Goberno desta Deputación, na sesión do 8 de agosto de 2014, acordou aprobar a convocatoria das acción formativas programadas no anexo I coa participación dos concellos adheridos e da EGAP, que se rexerá polas seguintes 

BASES


PRIMEIRA. DESTINATARIOS
persoal da Deputación e dos concellos que se adherirán ó plan agrupado de formación: Agolada,Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campolameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira,Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove,Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, A lama, Lalín, MancomunidadeVal Miñor, Marín, Meaño, Meis,Moaña, Mondariz, Mondariz-balneario, Moraña, Mos, Nigrán, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio,
Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal,O. A. Terra de Sanxenxo, O. A. Xerencia Municipal de Urbanismo de Sanxenxo, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui,Valga,Vilaboa,Vilagarcía de Arousa, Vila de Cruces eVilanova de Arousa.

SEGUNDA. NORMAS XERAIS DE INSCRICIÓN
2.1. poderán participar nas accións formativas os destinatarios que figuran na base primeira e que se atopen en servizo activo ou o persoal que estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento,tanto preadoptivo coma permanente ou simple, por adopción internacional ou en situación de excedencia por coidado de fillos e familiares, segundo se establece nos artigos 57.4 e 76.4 do Decreto

lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei da función pública de Galicia.
Tedes máis información no  BOP

No hay comentarios:

Publicar un comentario