viernes, 22 de agosto de 2014

No BOP de hoxe dia 22-08-2014 publicanse os seguintes anuncios :



B U E U

ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE CONTRATACION LABORAL TEMPORAL
DE 01 TRABALLADOR/A SOCIAL POR SUSTITUCIÓN DA TITULAR DA PRAZA
O 01 de agosto de 2014 aprobáronse por Acordo da Xunta de Goberno local a convocatoria e as bases para a contratación laboral temporal de un/unha traballador/a social por substitución da titular da praza por baixa maternal.
As bases do proceso selectivo poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodebueu.org).
O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 10 días hábiles a
contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Bueu, 06 de agosto de 2014.—O Alcalde, félix Juncal Novas. 2014007004



ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE CONTRATACION LABORAL TEMPORAL A MEDIA XORNADA DE 01 AUXILIAR DE BIBLIOTECA POR SUSTITUCIÓN DA TITULAR DA PRAZA.
O 01 de agosto de 2014 aprobáronse por Acordo da Xunta de Goberno local a convocatoria e as bases para a contratación laboral temporal a media xornada de 01 auxiliar de biblioteca por substitución da titular da praza da biblioteca de Beluso.
As bases do proceso selectivo poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodebueu.org).
O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 05 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Bueu, 06 de agosto de 2014.—O Alcalde, félix Juncal Novas. 2014007003



No hay comentarios:

Publicar un comentario