viernes, 8 de agosto de 2014

DECRETO 99/2014, do 24 de xullo, polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia.


A mellora da calidade de vida de toda a poboación, e especialmente das persoas con mobilidade reducida ou calquera outra limitación, así como a salvagarda dos dereitos das citadas persoas, son piares básicos da actuación pública co obxectivo de favorecer e avanzar na autonomía persoal desinstitucionalizada e garantir a non discriminación nunha sociedade plenamente inclusiva. Neste sentido cómpre sinalar que son varias as
disposicións legais que se ditaron co fin de acadar este obxectivo, quedando
refundidas no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral dos dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e incluíndo, de acordo co principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, como ámbito de actuación a promoción da mobilidade destas persoas de xeito que lles permita unha plena participación en igualdade de oportunidade.

Para máis informacion consulta o seguinte enlace do DOG :


No hay comentarios:

Publicar un comentario