martes, 22 de abril de 2014

ADSCRICIÓN PARA A RESIDENCIA DE MAIORES DE CAMPOLONGO DUE/ATS


Adscrición para a Consellería de Traballo e Benestar
Consellería de Traballo e Benestar publicou o seguinte anuncio de cobertura dun posto de traballo en réxime de adscrición temporal/ superior categoría

Denominación do posto: A.T.S./D.U.E.

Categoría: 2-0002 ATS, ENFERMEIRO, PRACTICANTE, DUE

Código do posto: TRC994080136001008
Centro de destino: RESIDENCIA DE MAIORES DE CAMPOLONGO
Observacións: DOG Nº72, DO 16/4/2012 B10, B14, B18
DE NON HABER SOLICITANTES, A PRAZA CUBRIRASE MEDIANTE A REALIZACIÓN DE FUNCIÓNS DE SUPERIOR CATEGORÍA

AS PERSOAS INTERESADAS DEBERAN ENVIAR UNA COPIA DA SOLICITUDE REXISTRADA POR FAX AO NÚM.986817043.
Admisión solicitudes dende 23/04/2014 ata 28 /04/2014       
 Adscrición temporal, que é?
O V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia regula no art.7.5 as adscricións temporais do Persoal Laboral Fixo. Os postos de traballo vacantes, cando a súa provisión se considere urxente e inaprazable, poderán ser provistos mediante esta figura. O/a traballador/a deberá pertencer á mesma categoría e reunir os requisitos que, para o desempeño do posto de traballo, esixa a correspondente relación de postos de traballo. No caso de existiren varias persoas solicitantes nas mesmas circunstancias, adxudicarase atendendo preferentemente á antigüidade nas administración públicas. A adscrición terá unha duración máxima dun ano prorrogable por outro se persisten as circunstancias que a motivaron.
Superior categoría, que é?
O V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia regula no art.15 a realización de traballos de superior categoría do Persoal Laboral Fixo. Ofreceráselle ao persoal do centro, coa requirida publicidade e adxudicándoa pola antigüidade na Xunta de Galicia entre as persoas solicitantes. A ocupación dun posto de traballo en réxime de desempeño de funcións de categoría superior non poderá exceder de seis meses consecutivos ou dez alternos.

CÓDIGO - DESCRIPCIÓN DE LOS COMPLEMENTOS SALARIALES 
 B10 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD POR PELIGROSIDAD. 
 B11 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD POR TOXICIDAD. 
 B12 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD DE RESPONSABILIDAD. 
 B14 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD DE ESPECIAL DEDICACIÓN. 
 B16 COMPLEMENTO SALARIAL DE NOCTURNIDAD. 
 B18 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD POR PENOSIDAD. 
 B20 COMPLEMENTO SALARIAL DE DIRECCIÓN. 
 B12(1) COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDAD DE RESPONSABILIDAD POR CONDUCCIÓN HABITUAL DE VEHÍCULOS.  

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario