O pasado venres (21 de xuño de 2013) tivo lugar a sinatura das instrucións sobre o acceso á xubilación parcial e contrato de remuda entre a Administración e as OO.SS con representación no ámbito da Función Pública de Galicia.
Así, o persoal laboral da Xunta de Galicia que cumpra cos requisitos establecidos e desexe solicitar a xubilación parcial, xa pode tramitar a referida solicitude diante da súa Consellería.
Dende CSI•F, coa finalidade de simplificar e axudar na tramitación deste procedemento, remitimos nos arquivos anexos a seguinte información:
- DESCRICIÓN SIMPLIFICADA SOBRE O PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DA XUBILACIÓN PARCIAL.
- PROPOSTA DE MODELO DE SOLICITUDE (INSTANCIA) DE XUBILACIÓN PARCIAL PARA TRAMITAR DIANTE DA CONSELLERÍA RESPECTIVA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario