A Consellería de Traballo publicou o seguinte posto de traballo para a súa cobertura temporal:
Data: 20/05/2013
Denominación: A.T.S./D.U.E.
Código do Posto: TRC 99 40 801 36001 009
Grupo: II
Categoría: 002
Centro de Destino: Residencia de Maiores de Campolongo
Localidade: Pontevedra
Provisión: Adscrición Temporal
Observacións: B10 B12 B14 B18
Dada a urxente necesidade de cubrir o posto indicado, e antes de enviar a proposta definitiva, dase publicidade para que aqueles/as interesados/as laborais fixos que cumpran os requisitos de acceso ao posto, poidan presentar solicitude por escrito ante a xefatura territorial de Vigo desde o 21/05/2013 ata o 25/05/2013. Os/as interesados/as deberán presentar a súa solicitude en calquera dos rexistros administrativos previstos no ar. 38.4 na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Rogan aos interesados que envíen unha copia da solicitude presentada no Rexistro ao fax co núm. 986 81 70 43.
Adscrición temporal, que é?
O V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia regula no art.7.5 as adscricións temporais do Persoal Laboral Fixo. Os postos de traballo vacantes, cando a súa provisión se considere urxente e inaprazable, poderán ser provistos mediante esta figura. O/a traballador/a deberá pertencer á mesma categoría e reunir os requisitos que, para o desempeño do posto de traballo, exixa a correspondente relación de postos de traballo. No caso de existiren varias persoas solicitantes nas mesmas circunstancias, adxudicarase atendendo preferentemente á antigüidade nas administración públicas. A adscrición terá unha duración máxima dun ano prorrogable por outro se persisten as circunstancias que a motivaron.
Superior categoría, que é?
O V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia regula no art.15 a realización de traballos de superior categoría do Persoal Laboral Fixo. A realización de traballos de categoría superior ou inferior responderá a necesidades excepcionais e perentorias e durará o tempo mínimo imprescindible. En todo caso, terán preferencia os/as traballadores/as do centro, aos cales lles terán en conta os requisitos establecidos no convenio para a promoción interna e os ascensos. A ser posible, comunicaráselle ao/á traballador/a, por escrito, con 48 horas de antelación e, en todo caso, con anterioridade ao inicio do cambio de posto de traballo. Ofreceráselle aopersoal do centro, coa requirida publicidade e adxudicándoa pola antigüidade na Xunta de Galicia entre as persoas solicitantes. A ocupación dun posto de traballo en réxime de desempeño de funcións de categoría superior non poderá exceder de seis meses consecutivos ou dez alternos. Transcorrido o período citado, e persistindo as mesmas circunstancias, o desempeño das funcións realizarase por rotación semestral, no suposto de existir máis dun/dunha traballador/a que reúna os requisitos e a capacidade necesarios da categoría que se vai cubrir, sempre que se desenvolvan as función adecuadamente. O límite de seis meses consecutivos ou dez alternos non será aplicable cando non sexa posible a rotación por non existiren no centro de traballo outros/as traballadores/as que reúnan as condicións necesarias de acordo co disposto neste punto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario